skip to Main Content

TECNOLOXÍA

O arquitecto técnico será o protagonista dunha nova revolución no mundo da construción. O xeito que temos de entender a edificación e a planificación de cidades está a cambiar totalmente grazas ás novas tecnoloxías, que axudan a automatizar procesos e a mellorar a distribución dos recursos.

 

A profesión está a evolucionar constantemente seguindo as novidades tecnolóxicas. A formación nunca remata posto que un bo profesional ten que estar ao corrente das innovacións en materiais, técnicas construtivas e regulacións. Do mesmo modo, esta formación continua tamén garante novas saídas laborais (nos últimos anos vimos o nacemento de moitas, como o Facility Manager), novas técnicas (BIM e BMS) e novos modelos de traballo (LEN) que axudan no día a día da profesión e o melloran.

 

A seguir imos explicar algunhas das tecnoloxías que máis están a marcar e que marcarán a profesión.

 

O Building Information Modeling (BIM) é un modelo de visualización e xestión da información que permite ver en tres dimensións todos os elementos da edificación para poder rexistrar o ciclo de vida do proxecto e detectar erros que poidan aparecer. Ademais, grazas aos traballos colaborativos na nube, a comunicación entre os diferentes actores que interveñen no proceso da edificación mellora substancialmente.

 

Igualmente, a tecnoloxía da internet das cousas (Internet of Things) tamén xogará un papel chave, sobre todo na xestión e o control de infraestruturas e edificios. A domótica, os sistemas BMS (Building Management Systems), construcións intelixentes… unha longa lista de novas tecnoloxías cunha característica común: mellorar a calidade de vida das persoas.

 

Os estudantes do grao serán os protagonistas destes cambios, unha profesión de presente e de futuro que será chave nos próximos anos. Tanto é así que o mercado laboral xa está a incrementar a demanda de profesionais, e o índice de inserción laboral do grao segue en aumento.

Back To Top