skip to Main Content

REHABILITACIÓN

O arquitecto técnico intervén en todas as etapas do ciclo da edificación. A que marca o futuro da edificación é a rehabilitación, pois os edificios construídos son cada vez máis antigos e necesitan dunha intervención para actualizalos, incorporar materiais sustentables e mellorar a eficiencia enerxética.

 

Cómpre sinalar que na rehabilitación son cada vez máis importantes os sistemas construtivos para garantir que os edificios sexan máis sustentables. Agora ben, á hora de rehabilitar é imprescindible empregar materiais respectuosos co medio, sempre tendo en conta o seu ciclo de vida. É dicir, valorar aspectos como a enerxía necesaria para a súa fabricación, os recursos, a enerxía para o seu transporte, a súa posta en obra, a distribución e a súa posible reciclaxe ou reutilización.

 

En todo este proceso é moi importante realizar un diagnóstico previo e esmerado do inmoble, avaliar enerxeticamente as construcións existentes, incorporar as enerxías renovables, apostar pola reconstrución cunha demanda enerxética case cero, mellorar as instalacións de auga, aire acondicionado e calefacción, entre outros factores.

 

Este estudo só o pode realizar o arquitecto técnico, que conta coa preparación e formación académica necesarias.

 

Sen dúbida, a rehabilitación permite poñer ao día as vivendas garantindo unha mellor calidade de vida dos seus habitantes e unha menor contaminación ambiental, grazas ao uso de materiais naturais e enerxías renovables e á aposta pola sustentabilidade.

Back To Top