skip to Main Content

PROTECCIÓN DE DATOS

PREVISIÓN MUTUA DE APAREJADORES Y ARQUITECTOS TÉCNICOS, MPS (en diante PREMAAT), con C.I.F. G-28618536 e domicilio social en r/ Juan Ramón Jiménez, n.º 15, 28036 Madrid, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 5313, folio 46, sección 8.ª, folla M-87081, inscrición 1.ª, titular do sitio web www.premaat.es e responsable dos datos de carácter persoal subministrados polos usuarios a través deste portal.

O obxectivo da organización é protexer a información na internet, do mesmo modo que é protexida nos outros medios.

O usuario da Web queda informado de e consente no tratamento dos datos subministrados durante a navegación e os que puidesen xerarse como consecuencia da utilización desta, incluídas, se procede, as comunicacións ou as transferencias internacionais dos datos que puidesen realizarse, coas finalidades de tratamento.

No caso de que os datos facilitados se refiran a terceiras persoas físicas diferentes do usuario, este garante ter recadado e contar co consentimento previo destas para a comunicación dos seus datos e informalas, con carácter previo a facilitar os datos, das finalidades do tratamento, comunicacións e outros termos previstos no apartado “Información sobre o tratamento de datos persoais”.

O usuario garante a exactitude e veracidade dos datos persoais facilitados, comprometéndose a mantelos debidamente actualizados e a comunicarlle a PREMAAT calquera variación que se produza nestes.

A utilización desta web está suxeita á Política de Privacidade e Tratamento de Datos Persoais, ás Condicións de Uso e á Política de Cookies que se detallan a seguir. Pregámoslle que as lea atentamente. O feito de acceder a este sitio web e utilizar os materiais contidos neste implica que previamente leu e aceptou, sen reserva ningunha, estas políticas e condicións.

 

INFORMACIÓN SOBRE TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

A Política de Privacidade de PREMAAT está presidida polo cumprimento da lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal e a Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico. Para cumprir co novo regulamento europeo de protección de datos é necesario comprenda que podemos e que non podemos facer cos seus datos, as finalidades do tratamento, os responsables, así como os dereitos que pode exercer.

Quen é o responsable do tratamento dos seus datos persoais?

A información e/ou os datos persoais que nos proporcione, incluídos, se procede, os de saúde, inclúense nun ficheiro cuxo responsable é:

Identidade: Previsión Mutua de Aparejadores y Arquitectos Técnicos, MPS (PREMAAT)
CIF: G28618536
Enderezo postal: rúa Juan Ramón Jiménez, 15, 28036 Madrid
Teléfono: 91 572 08 12
Correo electrónico: dpo@premaat.es
Delegado de protección de datos: dpo@premaat.es

Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

PREMAAT tratará os datos que subministre durante a súa navegación na web, os recollidos a través dos formularios correspondentes, coa finalidade de poder informar, mediante o correo electrónico facilitado, de novidades, informacións de interese, produtos ou servizos relacionados coa profesión da arquitectura técnica e os estudos universitarios que habilitan para o seu exercicio.

Igualmente, en relación co uso da web, os datos obtidos durante a navegación serán tratados coas seguintes finalidades:

Ofrecerlle unha navegación máis personalizada e unha mellor experiencia como usuario do noso sitio web.

Elaborar estatísticas sobre servidores que visitan máis a miúdo a web.

Coñecer as horas de maior afluencia de visitas á web, así como realizar axustes precisos para evitar problemas de acceso.

Coñecer a efectividade dos diferentes botóns e ligazóns que apuntan ao noso servidor, co fin de potenciar aqueles que ofrezan mellores resultados.

Manter un rexistro da actividade do usuario vía web.

Canto tempo conservaremos os seus datos persoais?

Os datos facilitados serán conservados durante un prazo de 10 anos ou mentres o usuario non retire o seu consentimento. Todo isto sen prexuízo de que exista unha previsión legal que esixa a conservación de certos datos ou de que os datos sexan útiles no caso de reclamación derivada da prestación dos servizos acordados polo interesado.

Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

As bases legais para o tratamento dos seus datos son:

O consentimento do interesado.

Para calquera outro tratamento será necesario obter o seu consentimento previo, o cal poderá revogar en calquera momento.

A que destinatarios se lles comunicarán os seus datos?

Os seus datos non serán comunicados nin cedidos a terceiros. Coas seguintes excepcións:

  • As Administracións públicas nos casos previstos na lei.
  • As forzas e corpos de seguridade do Estado e o Centro Nacional de Intelixencia, en virtude do establecido na lei.

Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?

Calquera persoa ten dereito a verificar se en PREMAAT estamos tratando datos persoais que lle concirnen.

A persoa interesada terá dereito a revogar o seu consentimento en calquera momento. A retirada do consentimento non afectará a licitude do tratamento baseada no consentimento previo á súa retirada.

Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, oposición e portabilidade dos datos mediante escrito dirixido ao noso departamento de atención ao cliente, no seguinte enderezo: rúa Juan Ramón Jiménez, n.º 15, 28036 Madrid. Para tal efecto, terá que acompañar a súa solicitude de dereito dunha copia do seu DNI.

No caso de incumprimento por parte de PREMAAT, pode presentar unha reclamación perante a Autoridade de Control en materia de Protección de Datos competente na web www.agpd.es

Enténdese que vostede queda informado e acepta as condicións establecidas anteriormente se continúa navegando no sitio web.

Perante quen pode presentar unha reclamación?

Para calquera dúbida, pregunta ou reclamación concernente ao tratamento dos seus datos levado a cabo por PREMAAT, pode poñerse en contacto co Delegado de protección de datos de PREMAAT, no seguinte enderezo: rúa Juan Ramón Jiménez, n.º 15, 28036 Madrid.

En última instancia, pode solicitar información sobre os seus dereitos e presentar unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos, con domicilio na rúa Jorge Juan, n.º 6, 28001 Madrid.

Que medidas e niveis de seguridade se implantan sobre os datos?

PREMAAT adoptou as medidas necesarias para manter o nivel de seguridade requirido, segundo a natureza dos datos persoais tratados e as circunstancias do tratamento, co obxecto de evitar, dentro do posible e sempre segundo o estado da técnica, a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

Así mesmo, PREMAAT garante que implanta mecanismos para:

Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento.

Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais de forma rápida no caso de incidente físico ou técnico.

Verificar e comprobar, de forma regular, a eficacia das medidas técnicas e organizativas implantadas para garantir a seguridade do tratamento dos datos.

A estrutura de ficheiros, equipos e sistemas de información e as medidas técnicas e organizativas implantadas para garantir a seguridade dos datos, co obxecto de cumprir a lexislación vixente en materia de protección de datos, aplicaranse a todos os ficheiros, temporais ou permanentes, titularidade de PREMAAT que conteñan datos de carácter persoal, así como a calquera equipo ou sistema de información que os trate.

Cambios na política de seguridade e de protección de datos

PREMAAT resérvase o dereito de modificar a súa política de seguridade e protección de datos co obxecto de adaptala ás novidades lexislativas ou xurisprudenciais, así como ás que puidesen derivarse de códigos tipo existentes na materia, ou por decisións corporativas estratéxicas, con efecto na data de publicación desta modificación na páxina web.

 

CONDICIÓNS DE USO DO SITIO WEB

O usuario obrígase a facer un bo uso do sitio web, entendéndose por bo uso o que sexa conforme coa lexislación vixente, a boa fe e a orde pública.

Á súa vez, o usuario comprométese a non usar o sitio web con finalidades fraudulentas, así como a non realizar ningún acto co obxecto de danar, inutilizar ou sobrecargar o sitio web, ou que impedise de calquera forma a normal utilización e funcionamento deste.

O usuario queda informado de que, no caso de incumprimento das Condicións de Uso, da Política de Privacidade ou de calquera outro termo ou condición recollida no sitio web, PREMAAT resérvase o dereito de limitar, suspender ou bloquear o seu acceso ao sitio web a través de calquera medida técnica que considere necesaria para conseguilo.

Copyright

Reservados todos os dereitos. O deseño do portal e os seus códigos fonte, así como os logos, marcas e outros signos distintivos que aparecen neste pertencen a PREMAAT e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.

Queda rigorosamente prohibida, sen a autorización escrita dos titulares do copyright, a reprodución, distribución, transformación, manipulación, comunicación pública ou calquera outro acto de explotación total ou parcial, gratuíto ou oneroso, dos textos, imaxes ou calquera outro contido que apareza no sitio web.

PREMAAT resérvase o dereito de efectuar, en calquera momento e sen previo aviso, cantas modificacións, variacións, supresións ou cancelacións nos contidos e na súa forma de presentación considere necesarias, quer de forma temporal ou definitiva, tendo que asegurarse o usuario de utilizar en cada momento a versión actualizada. Esta facultade non lles outorga aos usuarios ningún dereito a percibir indemnización por danos e perdas.

Menores de idade

A páxina web de PREMAAT non foi deseñada para menores de idade. Non obstante, se o usuario é menor de idade, para navegar pola páxina web requírese que conte co previo consentimento dos seus pais ou titores. PREMAAT exímese de calquera responsabilidade polo incumprimento deste requisito.

O usuario declara que é maior de 14 anos. De igual xeito, no caso de que os datos que proporcione durante a navegación pola páxina web sexan de menores de idade, como pai/nai ou titor do menor, autoriza expresamente o tratamento destes datos, incluídos, se procede, os relativos á saúde, para a xestión das finalidades detalladas na información sobre tratamento de datos persoais.

 

POLÍTICA DE COOKIES

PREMAAT utiliza cookies co fin de ofrecerlle unha mellor experiencia de navegación que se axuste ás súas necesidades, así como para protexer e mellorar o sitio web.

Lea atentamente esta Política de Cookies para informarse sobre o uso responsable que PREMAAT fai delas e sobre as opcións que vostede ten para configurar o seu explorador e xestionalas.

PREMAAT, pola súa propia conta ou o dun terceiro contratado para a prestación dos servizos de publicidade, pode utilizar cookies cando o usuario navega polo sitio web. As cookies son ficheiros enviados ao explorador por medio dun servidor web co fin de rexistrar as actividades do usuario durante o seu tempo de navegación.

As cookies utilizadas polo sitio web asócianse unicamente cun usuario anónimo e o seu ordenador, de forma que non proporcionan por si mesmas datos persoais do usuario.

Mediante o uso das cookies é posible que o servidor onde se atopa aloxado o sitio web recoñeza o explorador web utilizado polo usuario, co fin de que a navegación sexa máis sinxela. Utilízanse tamén para medir a audiencia e parámetros de tráfico, así como para controlar o progreso e número de accesos.

O usuario ten a posibilidade de configurar o seu explorador para que o avise da recepción de cookies e para impedir a instalación destas no seu equipo. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu explorador para ampliar esta información.

Para utilizar o sitio web non cómpre que o usuario permita a instalación das cookies enviadas polo sitio web ou o terceiro que actúe en nome de PREMAAT.

Para obter máis información pode consultar a Guía sobre o uso das cookies da Axencia Española de Protección de Datos.

Back To Top