skip to Main Content

SUSTENTABILIDADE

Constrúe a cidade sustentable do futuro

REHABILITACIÓN

Poñendo ao día os edificios para mellorar a calidade de vida das persoas

NOVAS TECNOLOXÍAS

A profesión evoluciona constantemente ligada ás novidades tecnolóxicas do sector

Onde estudar?

Coñece as 24 universidades

O grao pódese estudar en 24 universidades diferentes de 13 comunidades autónomas de España. No seguinte mapa interactivo poderás coñecer as principais características de cada universidade, a metodoloxía e os plans de estudo. Ademais, poderás filtrar as universidades por comunidades autónomas e por nome da titulación.
  Ver máis

O PERFIL PROFESIONAL DO MES

Facility Manager

Un dos perfís profesionais que crece con forza no ámbito da arquitectura técnica é o do Facility Manager, un profesional versátil que consegue rendibilizar calquera edificio e reducir os custos.

Actualmente, trátase dun profesional presente nos grandes complexos empresariais, na banca, empresas do sector público e privado… Con todo, aos poucos irase estendendo, xa que o seu labor é fundamental para rendibilizar calquera tipo de edificio ou empresa. Pero, cales son as súas principais funcións?:

A xestión de servizos. O Facility Manager encárgase de manter operativo o edificio a través do mantemento de sistemas como a climatización, gas, electricidade ou auga. Por outra banda, a xestión dos servizos non relacionados co edificio, senón cos usuarios: seguridade, prevención de riscos laborais, servizos de limpeza, cátering, xardinería, etc. Neste tipo de xestións, terá que responsabilizarse tamén das incidencias e das peticións dos usuarios.
A xestión de espazos e ámbitos de traballo. Co obxectivo de prover un axeitado e optimizado uso do espazo interior, coa planificación de espazos, xestión inmobiliaria, programación dos cambios de distribución, etc. Tamén se engloban neste apartado as funcións de xestión relacionadas coa supervisión e xestión de proxectos por realizar nun edificio, como os traslados ou renovacións, entre outros aspectos.
A xestión da sustentabilidade. Xestión do medio, tendo en conta os procedementos e as normas específicas da empresa. Forman parte deste tipo de actividades: o desenvolvemento dunha política ambiental, a aplicación de sistemas de control enerxético do edificio, como o Energy Management System (EMS), a xestión enerxética e a xestión de residuos. Polo tanto, melloran a sustentabilidade da organización e da eficiencia das actividades e os procesos de xestión de inmobles.
O mantemento do edificio. O Facility Manager é o responsable do correcto funcionamento dos servizos, pero tamén da súa conservación e mantemento. Actualmente, os sistemas de control remoto ou a utilización de novas metodoloxías como o BIM facilitan a tarefa diaria deste profesional, permitindo que garanta un bo mantemento de todas as instalacións e servizos dos edificios, encargándose tamén da xestión legal e o cumprimento normativo (normativa de incendios, lexionela, etc.).

 

  Ver máis

Back To Top